Os socialistas califican de esperpéntico que Currás continúe na corporación de Santiago e cobre dedicación exclusiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, cualificou de “esperpéntico” que o exalcalde de Santiago Ángel Currás continúe na corporación presidida por Agustín Hernández e cobre unha dedicación exclusiva.

“Xa a situación esperpéntica de Santiago é a que é, onde un alcalde que ía no número 25 é elixido por outros concelleiros que non foron elixidos nunha lista. Se xa iso dende un parámetro democrático é absolutamente esperpéntico, igual de esperpéntico é que o anterior alcalde continúe na corporación cobrando un exclusiva. Eu non entendo nada”, subliñou, en declaracións aos medios, este xoves.

Así, para Besteiro a situación no Concello de Compostela “normal non é”. “Normal non é que en Santiago esteamos en tres anos con tres alcaldes”, abundou.

“Isto non é normal, alguén o quererá facer ver normal, pero non é normal”, concluíu o líder dos socialistas galegos sobre o goberno municipal compostelano.

10 de xullo de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.