Os operarios municipais de Cerdedo fórmanse en materia de riscos laborais
Na mañá de hoxe a brigada de operarios municipal recibiu nas dependencias da Casa Consistorial a formación necesaria en materia deprevención de riscos laborais por parte da empresa contratada polo Concello especializada nesta materia, dita empresa é Norprevención. Durante a xornada de 4 horas de duración os traballadores recibiron nocións básicas sobre a prevención de riscos coa idea clara de minimizar os accidentes laborais. Igualmente fíxoselle entrega aos operarios dos equipos de protección individual para realizar os labores de rozas que están a facer baixo a coordinación do encargado de operarios.
Estes traballadores foron subvencionadospor a Deputación Provincial e estarán a realizar as tarefas de melloras en áreas verdes e zonas recreativas até o 31 de decembro de 2014.
Igualmente infórmase que a brigada de incendios forestais contratada polo Concello de Cerdedo en colaboración coa Consellería de Medio Rural iniciou no día de hoxe os traballos de rozas en parcelas de titularidade municipal coa idea de minimizar a carga de combustible e evitar na medida do posible os incendios forestais. Esta brigada está integrada por 5 membros (encargado, condutor e 3 peóns) e realizará os traballos durante 3 meses. Estes operarios únense ao dispositivo especial que sempre pon en marcha o Concello coa chegada da época de máximo risco de incendios pondo a disposición e en alerta a todos os efectivos tanto humanos (operarios e mesmo funcionarios) e materiais (tractores, cisterna, …)











