Os maiores de Cedeira volven a triunfar no concurso Miss e Míster Galicia Terceira Idade

Miss Simpatía e Mister Terceira Idade
Outro ano máis, a delegación cedeireses logrou novos éxitos no Concurso de Miss e Míster Galicia Terceira Idade celebrado no marco do XXI Festival galego dos Maiores de Melide. Unha delegación de máis de medio centenar de cedeireses que participaban no encontro a través da excursión organizada polo Centro Municipal de Maiores de Cedeira. José Ríos García foi elixido como Míster Galicia –despois de que hai dous anos xa se proclamase Míster Guapo; Carmen Nebril logrou, co seu desparpaxo na pasarela, o título de Miss Simpatía, namentras eu Ricardo Prieto Nebril alzouse coa banda de Míster Guapo. Na elección, segundo destacou o xurado, tivo moito que ver non só a beleza senón a actitude que mostraron no desfile. Os premiados e máis o resto dos maiores cedeireses que acudiron este ano a Melide disfrutaron das actuacións musicais e a festa, dunha comida popular e do baile. Unha iniciativa que formou parte do programa municipal de excursións deseñado para que os maiores compartan tempo, fomentar as relacións sociais e ofrecer un ocio activo para a Terceira Idade. Nesta liña, quérese agradecer o recibimiento e bo trato dispensado á delegación cedeiresa por parte da conselleira de Benestar, Beatriz Mato, e da alcaldesa de Melide, Ángeles Vázquez. Doutra banda, o Centro de Maiores ubicado no parque do Sagrado Corazón acollerá este venres, 18 de xullo, a actuación da Coral Herbeira. Será a partires das oito do serán e a ela están invitados todos os maiores do municipio.











