Os maiores de AFAL visitan a área recreativa de Pedroso

Excursión dos maiores de AFAL
Un trinta maiores usuarios dos centros de día terapéuticos xestionados por AFAL na cidade de Ferrol, xunto co equipo de traballadores, participaron esta mañá nunha excursión que lles levou en autocar á área recreativa de Pedroso, no municipio de Narón. Unha vez no lugar, todos eles visitaron o muíño recuperado na zona e disfrutaron dunha comida campestre na contorna do río. O tempo acompañou e, así, puideron realitsar diferentes actividades lúdicas en grupo. Unha completa actividade que forma parte do programa “Terapias en Sociedade”. Un proxecto que nos últimos tempos levou aos maiores a visitar exposicións como “Pano de Fondo”, na Fundación Novagalicia Banco; a mostra permanente de Exponav e o Museo do Humor de Fene ou, máis recentemente, a asistir a unha representación teatral na localidade veciña de Fene. Un programa que, segundo explica a presidenta de AFAL, Milagros Prieto, busca crear un contexto de vida estimulante, achegando aos maiores aos recursos comunitarios, e combatendo a sensación de illamento que provoca o Alzheimer.











