Os establecementos hostaleiros de Poio rexistraron unha ocupación media do 42%
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre os visitantes recibidos nas oficinas de turismo municipais e a ocupación nos establecementos de aloxamento durante a primeira quincena de xullo.
No que respecta á ocupación da primeira quincena do mes de xullo nos establecementos do municipio de Poio rexistrouse unha ocupación media do 42% datos similares ós acadados nas mesmas datas do pasado ano.
Os datos relativos á ocupación desta primeira quincena foron mellores na segunda semana do mes ó coincidir co inicio do bo tempo nas Rías Baixas, a mala meteoroloxía rexistrada na primeira semana deste mes de xullo non axudou a mellorar o volumen de reservas dos hoteleiros o sufrir estes abundantes cancelacións debidas o mal tempo.
As expectativas para esta segunda quincena de xullo son positivas xa que nestes momentos o volumen de reservas ronda o 58 %, ainda así, son moitos os establecementos que non queren facer previsións, xa que dende fai uns anos segue a crecer a tendencia de esperar ata o último momento para facer reservas, e cada vez as estancias son máis curtas o que fai máis difícil ter un alto porcentaxe de ocupación durante toda a semana.
Respecto ós visitantes rexistrados nas oficinas de turismo municipais, nesta primeira quincena de xullo acadouse a cifra de 1042 persoas, das que un 89 % corresponderon a visitantes nacionais e un 11% a visitantes internacionais, porcentaxe superior en tres puntos ó rexistrado polos turistas extranxeiros a pasada tempada estival.
De entre os turistas nacionais destacan os procedentes de Madrid (25,40%), Andalucía (15,39 %), País Vasco (12,49%) e Castela e León (8,40%). En relación os visitantes internacionais destacaron nesta primeira quincena , os turistas procedentes de Irlanda (35,40%), Inglaterra (15,40%), Francia (13,27%) e Bélxica (7,08%).
Dende a apertura das oficinas municipais de turismo ata o de agora xa se levan rexistrados casi 2300 visitantes que preferentemente buscan información dos atractivos turísticos do Concello de Poio e das Rías Baixas en xeral.











