Os enclaves máis destacados da Veiga convértense en plató de cine

Equipo de rodaxe
Os directores madrileños Roberto Millán Bermúdez e Alberto Sanz escolleron o concello da Veiga para a gravación da súa próxima longametraxe “Aquella puerta abierta”, que conta a historia dun economista inmerso na voráxine da gran cidade, que decide emprender unha viaxe cara as montañas xunto ó seu mellor amigo, un home algo especial.
Entre as localizacións escollidas están o encoro de Prada, o río Requeixo e os prados da Veiga. A película será presentada en varios festivais de cine a nivel nacional. Ademais a película será promocionada a través das redes sociais.