Os empresarios tomiñeses ofrecen a súa experiencia a futuros emprendedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

Unha vintena de empresarios tomiñeses ofrecen a súa experiencia profesional a emprendedores que queren iniciarse no mundo do autoemprego.

A iniciativa enmárcase dentro do programa “UP+ Un paso máis”, organizado polo Concello, co fin de fomentar a creación de postos de traballo e contribuír á dinamización da economía local.

Susana Rodríguez, encargada de por en marcha o proxecto, explica se trata dun programa pensado e ideado para ser “dinámico interactivo e flexible, é dicir, que se va adaptando ás necesidades das persoas e empresas participantes”.
Comenta que se foi formando un grupo moi interactivo “que se nutre e se coida de maneira recíproca; todos contan, de todos se aprende e podemos establecer colaboracións moi fructíferas”, asegura.

É esta actitude o que máis sorprendeu a técnica; os vínculos de axuda e cooperación que se deron no grupo, desde o inicio. “Son persoas con perfís diferentes, de idades variadas e con situacións persoais diversas, pero lles une a inquedanza e as ganas de estar mellor, a ilusión de facer algo máis por eles mesmos, a procura de metas para desenvolverse persoal e profesionalmente”, comenta.

Cada semana realizan talleres dirixidos á creación de empresas, con contidos de temática laboral, fiscal, económica, xurídica, márketing, novas tecnoloxías, xestión de Pemes, etc. Coa mesma frecuencia, responsables de empresas xa constituídas, visitan aos participantes para relatar a súa experiencia emprendedora e empresarial. “É unha das actividades que máis entusiasmo e gusto produce; ver e escoitar as experiencias doutras persoas, descubrir as súas ilusións, as súas inquedanzas, a superación das barreiras, é moi motivador”, asegura Susana Rodríguez.

Cada semana reciben tamén sesións de coaching grupal, para traballar aspectos transversais ao emprendemento, coma automotivación, logro de metas e obxectivos, confianza, xestión de conflictos e barreiras persoais, etc. “Son sesións nas que fusionamos o traballo de obxectivos persoais e profesionais” explica a técnica.

E a cuarta ferramenta coa que traballan cada semana son as sesións de seguimento individuais. Estas son moi ricas en matices, xa que afondan nas singularidades de cada persoa, dun xeito empático e respectuoso.

Neste momento, cada participante, vai definindo os seus obxectivos de emprendemento e descubrindo opcións que lle axuden a conseguilos, tanto persoais, como formativos e laborais.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicou pola súa banda, que a través da Oficina de Desenvolvemento Local, púxose en marcha este proxecto, “que ten como finalidade apoiar o autoemprego, creando unha rede de colaboración entre as empresas do municipio; dinamizando, estimulando e orientando a cidadáns e empresas locais, a través de iniciativas eficaces, e pondo en valor os coñecementos dos empresarios e autónomos da localidade”.

30 de xullo de 2014 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.