Os empresarios de Camariñas organizan a Feira Solidaria
Un ano máis, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas organiza para os días 15, 16 e 17 de agosto a “Feira Solidaria” que se celebrará no polideportivo de Camariñas.
Para os socios o stand é gratuito e para o resto o prezo é de 60€ polos tres días. Por outro lado, o 10% das ventas irán como donativo para unha entidade benéfica.
Os que estean interesados en participar, prégase avisen coa maior brevedade posible ó correo electrónico: asociacionempresarioscamarinas@gmail.com ou chamando ós teléfonos 647.398.023 / 647.608.158.