Os deportistas galegos acadan 35 medallas non Campionato de España de Xóvenes Promesas de Verducido
Galicia logrou 35 medallas no Campionato de España de Xóvenes Promesas das categorías infantil e cadete que se disputou en Verducido. Ademais, colocou a nove equipos entre os vinte mellores a nivel nacional. As Torres Romaría Viquinga, segundo na clasificación xeral, liderou no cómputo xeral de medallas, con cinco de ouro, unha de prata e dúas de bronce. No Campionato de España participaron 85 clubs, dos que 29 foron galegos, e máis de oitocentos padexeiros.
Un total de 16 formacións galegas lograron unha medalla nunha competición que se disputou para as modalidades de K-1, K-2, K-4, C-1, C-2 e C-4 na distancia de 1.000 metros. As Torres de Catoira Romaría Viquinga foi o conxunto que demostrou un gran potencial na súa canteira. Rebeca Pardo, en infantil A K-1, Ángel Susavila, en cadete B C-1, Carla Frieiro, en K-1 infantil B, e os barcos de K-2 tanto infantil A como B lograron as medallas de ouro. A eles débense engadir o segundo posto do K-2 cadete e os terceiros de Noa Tourís, en infantil A C-1 e o C-2 infantil.
Tamén a Cidade de Pontevedra logrou magníficos resultados. Logrou o triunfo en C-2 cadete feminino, en C-2 infantil A masculino e Antía Jacome impúxose en cadete B C-1. Isabel Noya, en cadete A C-1 completou o cadro de medallas do seu club co terceiro posto.
O Portonovo foi o terceiro mellor equipo galego no medalleiro. Francisco Silva, en infantil A K-1, e o barco infantil A masculino de K-2 lograron as medallas de ouro. Lara Outón foi segunda en cadete A C-1, o mesmo posto que ocupou Vicente Luís Rodríguez en cadete B K-1.
Na puntuación por clubs, o As Torres de Catoira foi segundo tras o Náutico de Sevilla, que ocupou o primeiro lugar na táboa. Nos vinte primeiros colocáronse nove formacións galegas. Ademais do conxunto de Catoira, estiveron a Cidade de Pontevedra (5º), Rías Baixas Náutico de Boiro (9), Verducido Pontillón (10º), Portonovo (14º), Pontecesures (15º) Breogán do Grove (16º), Club Naval de Pontevedra (19º) e Illa de Arousa (20º).
Medallas no Campionato de España
As Torres Romaría Viquinga
Ouro Rebeca Pardo, infantil A K-1
Ouro Carla Frieiro, infantil B K-1
Ouro Infantil feminino A K-2
Ouro Infantil feminino B K-2
Ouro Anxo Susavila, cadete B C-1
Prata Cadete masculino K-2
Bronce Noa Tourís, infantil A C-1
Bronce Infantil B C-2
Cidade de Pontevedra
Ouro Cadete feminino C-2
Ouro Infantil A masculino C-2
Ouro Antía Jacome, cadete B, C-1
Bronce Isabel Noya, cadete
Portonovo
Ouro Francisco Silva, infantil A K-1
Ouro Infantil A masculino K-2
Prata Laura Outón, cadete A C-1
Prata Vicente Luís Rodríguez, cadete B K-1
O Muiño
Ouro Manuel Fontán, infantil B C-1
Ouro Infantil B masculino C-2
Verducido Pontillón
Ouro Infantil A masculino K-4
Prata Raquel Torres, infantil B K-1
Prata Samuel Villanueva, infantil A K-1
Prata Infantil B feminino, K-2
Rodeira
Prata Cadete masculino, C-4
Club Naval
Prata Carla Sieiro, cadete A K-1
Ribeiras do Tambre
Prata, Infantil B masculino, C-4
Pontecesures
Prata, Infantil A, masculino, C-4
Ría de Betanzos
Bronce Infantil A masculino, K-4
Bronce Infantil A masculino, C-4
Náutico de Boiro Rías Baixas
Bronce Infantil A feminino, K-4
Bronce Andrea Vázquez, cadete B C-1
Breogán do Grove
Bronce Infantil masculino A, C-4
Ría de Aldán
Bronce Irene Dacosta, cadete A K-1
Pio Pescamar
Bronce Pablo Rodríguez, cadete B, C-1
O Barco
Bronce Adrián Prado, cadete A K-1
Foz
Bronce Xoel García, infantil B K-1











