Os coruñeses poderán usar este verán as instalacións deportivas da Fábrica de Armas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Os concelleiros Mariel Padín e Francisco Mourelo mantiveron unha reunión, esta tarde, cos representantes das asociacións de veciños de Pedralonga e Palavea, co obxectivo de presentarlles as actuacións que o Concello está a realizar nas instalacións deportivas da Fábrica de Armas, cedidas polo Ministerio de Defensa, para que unha parte poida ser utilizada durante os meses de agosto e setembro.

En concreto, o proxecto que está en marcha abarca o acondicionamento do acceso, da senda peonil, do control de acceso, dos vestiarios adaptados para persoas con mobilidade reducida, do aparcadoiro e da cafetaría. Os cidadáns poderán gozar, así mesmo, da piscina para nenos, dunha zona de xogos de auga e doutra sección de animación que estará dotada de xogos infantís. Ademais, habilitarase o campo de futbito e crearase outro máis. En total, investiranse 200.000 euros.

23 de xullo de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.