publicidade hoxe

Os concellos de Vizela e Caldas de Reis uniranse no proxecto Cul-tur

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+

Esta fin de semana o Concello de Caldas participará no proxecto “CUL-TUR- Europa con los Ciudadanos” en Vizela, Portugal. Este proxecto surxe do Irmandamento entre os concellos que se firmou este ano.

A Cámara de Vizela, está á vez irmandado co municipio de Forntignan la Peyrade (Francia), por eso serán os ters concellos os que farán o encontro en Portugal.

Os obxectivos xerais do Programa “Europa con los Ciudadanos” son:

– Brindar aos cidadáns a oportunidade de interactuar e participar na construcción dunha Europa cada vez máis cercana, que sexa democrática e aberta ao mundo, unida e enriquecida pola súa diversidade cultural, desenvolvendo así a ciudadanía da Unión Europea.

– Desenvolver un sentimento de identidade europea, basada en valores, historia e cultura comúns.

– Fomentar o sentido de pertenencia á Unión Europea entre os seus cidadáns.

– Mellorar a tolerancia e a comprensión mutua entre os cidadáns europeos, respetando e fomentando a diversidade cultural e lingüística, e contribuindo ao diálogo intercultural.

O número de participantes durante o 25, 26 e 27, será de 23 persoas, que compartirán actividades culturais, artísticas e formativas. O domingo 27, serán os visitantes caldenses os que se desplacen a Vizela para disfrutar unha xornada de irmandamento coa poboación portuguesa e francesa. Partirán dous autobuses con 110 persoas, e durante todo o día participarán en actividades culturais e gastronómicas.

O programa dos tres días inclúe unha mesa de traballo sobre políticas europeas, termalismo e arte urbano. Así será Kaldarte que levará as propostas artísticas a Vizela.

Este proxecto permitirá impulsar o proceso de cooperación transfronteriza entre a Cámara de Vizela, e o Concello de Caldas de Reis, buscando o beneficio socioeconómico dos dous municipios e servirá de plataforma para profundizar nun traballo máis específico nos sectores indicados, que permita optar a futuras subvencións e proxectos europeos.

26 de xullo de 2014 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.