Os comerciantes de Marín entregarán 5 bonos relax entre a súa clientela
A Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín celebra este sábado día 5 ás 13 horas o sorteo da campaña “Merca na Praza e Reláxate” que puxo en marcha con motivo do VII Aniversario da Reapertura da Praza. Deste xeito, da urna que se habilitou para tal fin escolleranse 5 rifas que estarán premiadas con 5 Bonos Relax para 2 persoas, para o Hotel NH Hesperia da Toxa. A entrega de premios efectuarase o xoves día 10 ás 13 horas.
Durante a xornada do sábado haberá na Praza dende as 9 hrs unha demostración de Thermomix, na cal se poderán degustar productos elaborados con este robot de cociña. Así mesmo, dende as 12.15 e ata as 13 horas, contarase coa actuación do Grupo de Cantos de Taberna “Os Saljariteiros” que amenizarán co seu bo facer esta xornada na Praza.











