publicidade hoxe

Os cativos do campamento urbán de Tomiño visitan á alcaldesa para asinar a credencial de peregrinos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+
Foto de familia cos cativos do campamento urbán

Foto de familia cos cativos do campamento urbán

Os corenta nenos e nenas que asisten ao campamento urbán de verán, organizado polo Concello de Tomiño, entre o 7 de xullo e o 7 de agosto, visitaron hoxe a Casa do Concello, ataviados coma peregrinos e ca credencial que lles habilitaba coma tales na man. Acompañados polos monitores, se entrevistaron coa alcaldesa, Sandra González, e lle pediron que lles asinase a Compostelá e lles puxera o uño do Concello. A rexedora, despois de falar con eles, procedeu a asinarlles os diplomas, coa axuda da concelleira de Cultura e Deportes, Cristina Martínez.

O campamento de verán, baixo o lema “Construíndo a nosa historia” inclúe “paradas” na fortaleza, o río Miño, os petróglifos, as escolas indianas e o Camiño de Santiago.

Como en anos anteriores, os nenos e nenas participantes realizan diariamente, con monitores de tempo libre en prácticas e voluntarios, diferentes actividades (debuxo, pintura, xogos populares, manualidades, dinámicas de grupo, etc.).

O campamento ten lugar no Campo da Feira en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A organización deste campamento responde, segundo explicou a concelleira de Cultura e Deportes, Cristina Martínez, ao ánimo de ofrecer á veciñanza un ocio de calidade, ofertas diferenciadas para fomentar un ocio saudable, o deporte de base, etc., e ao mesmo tempo, axudar a nais e pais a conciliar a vida laboral e familiar.

28 de xullo de 2014 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.