Os boletíns da parcelaria de Lois – Montes de Ribadumia entregaranse o 17 de xullo na Casa de Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O vindeiro martes, día 15, na Casa da Cultura de Ribadumia a partir das 19.30 horas terá lugar unha charla informativa onde se tratará o tipo de recursos que se poden presentar contra as bases definitivas, así como os prazos estipulados para a súa remisión. Ademais, indicarase a relación das parcelas definitivas que se achegan ao proceso da parcelaria, tras o período de alegacións.

A partir do día 17 de xullo, tamén na casa da cultura de Ribadumia, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00h procederase a entrega e notificación individualizada dos boletíns de propiedade das bases definitivas da parcelaria Lois – Montes de Ribadumia. As persoas que recollan ditas notificacións deberán ir provistas do DNI, ou documento que acredite a súa identidade. Ademais, un veciño pode recoller notificacións de varios propietarios á vez con autorización do interesado.

O decreto da parcelaria Lois – Montes de Ribadumia aprobouse en novembro de 1998. Deste proceso de concentración parcelaria beneficiaranse 1.600 propietarios e están afectadas 726 hectáreas.

11 de xullo de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.