publicidade hoxe

“Os Bolechas familia acolledora” chega a Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O próximo martes 29 de xullo a caravana dos Bolechas chega á praza de Esther Pita en Santa Cruz para presentar a campaña “Os Bolechas familia acolledora” cuxo obxectivo é dar a coñecer o acollemento familiar á poboación e incorporar máis persoas ao programa de Familias Acolledoras.

Para iso Os Bolechas percorren Galicia co seu R4 e o espectacular autobús de dous pisos onde, durante todo o día, de 12 a 15 horas e de 17 a 21 horas, todos os que se acheguen poderán gozar de multitude de xogos e actividades, como karaoke, contacontos, cine, talleres de debuxo, fotomatón. Ademais de obter información sobre o acollemento familiar. Ademais, entre aqueles que se acheguen e cubran a tarxeta que lles darán os monitores, sortearanse ás 20.30 horas catro maletas e unha biblioteca básica.

23 de xullo de 2014 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.