Os atletas da Ximnástica de Pontevedra apuran para conseguir unha praza no nacional absoluto
O domingo termina o prazo para facer a marca de cualificación para o Campionato de España Absoluto que se disputa en Alcobendas e ao longo desta semana algúns dos atletas da Sociedade Ximnástica competiron para tentar lograla.
En Leganés participaron Eduardo Gallardo e Javier Guzmán, Eduardo mellorou a súa marca do ano nos 400 metros con 48.84, aínda non é marca de cualificación pero este fin de semana esperamos que a consiga. Javier participou no lanzamento de disco, sendo segundo con 46.82.
En Mataró David Martínez, correu o seu primeiro 1.500 por baixo de 3:50, asinando en meta 3:47.99. Aínda queda outra oportunidade para conseguir a marca mínima.
Aínda que xa está clasificado, no CARD de Sierra Nevada, Alberto Salcedo volveu correr os 200 metros en 21.20, con 21.24 e no hectómetro parou o crono en 10.76.
Ademais do nacional xuvenil, o fin de semana preséntase con varias competicións relevantes. O sábado en Vigo, celébrase o Trofeo Cidade de Vigo. En Vitoria, dispútase no Gran Premio da Deputación de Álava. Pamplona acolle un control de marcas e en Los Corrales de Buelna realízase o Gran Premio de Cantabria. En todas elas veremos o estado de forma no que se atopan os atletas pontevedreses de face á cita de Alcobendas e non nos esquecemos da cita estrela, o Meeting de Madrid, nunha remolada instalación atlética de Moratalaz, onde Eduardo Suárez estará nos 800 metros tentando mellorar os 1:47.95 nos que correu este ano.











