Os antigos abonados do Rio Natura Monbus beneficiaranse dun desconto extra
O desconto “Trae un amigo” foi un dos maiores atractivos desta campaña de abonados do Rio Natura Monbus, permitindo aos antigos abonados beneficiarse dun desconto extra e acumulable dun 10% por cada persoa que animasen a ser unha nova parte do club.
Aínda que foron moitas as persoas que o aproveitaron, destaca o caso de Chelo Tacón, abonada ao club desde fai tres tempadas. “Animeinos a anotarse porque xa viñeran a varios partidos e gustábanlles, pero non se decidían. Como uno xa era moi afeccionado, ao convencer á esposa e ao pai xa se abonaron o tres”. Xa que tamén é accionista con dereito a desconto e renovou antes do 30 de xuño, a ela pertenceulle o desconto máis alto realizado até a data, un 65% menos no prezo do seu abono. “Quero seguir vivindo isto porque o ambiente é especial, a afección gózao e non é demasiado esixente”, explica tras comentar que “na tempada que vén o máis importante é manter a categoría e o segundo, que se vexa a un equipo loitador, máis aló de que gañe ou perda”.
Caso similar é o de Ricardo Paxaro, quen de entrada tiña tamén un 30% e un 5%, pero sumou un 20% máis por traer a un amigo e ao fillo doutro, rebaixando o seu abono a menos da metade do prezo inicial. “No seu día fíxenme accionista con máis accións das mínimas para tratar de aforrar o máximo, e agora aproveito esta oferta tamén, que me servirá para ter máis compañía coñecida na bancada”, chancea. Tamén pide ao equipo “non sufrir para salvarse e poder soñar como cada ano”.
Os abonados do pasado ano que non renoven, poden gozar como Chelo e Ricardo deste desconto. Ademais, terán até o martes 15 de xullo o seu asento reservado, data na que se liberarán para a venda xeral.











