Os alumnos do Chamoso Lamas expoñen as súas fotografías no Concello do Carballiño
Os alumnos do IES Chamoso Lamas do Carballiño expoñen as súas fotografías nas escaleiras da casa consistorial. Estes traballos veñen da actividade na que participaron 27 alumnos do citado centro educativo Fotografía en Curso, dentro do programa Plan Proxecta de innovación educativa.
Este plan pretende ofrecer os alumnos e os profesores, novas ferramentas para mellorar a súa aprendizaxe. Neste caso tratouse dun curso de fotografía no que os alumnos recolleron coas súas cámaras instantáneas en branco e negro da vida rural carballiñesa. Todas estas fotografías poderanse gozar nas escaleiras do concello durante todo este mes de xullo.











