Os afeccionados ao ciclismo teñen cita na marcha que percorrerá o casco urbano de Santiago el domingo
Co obxectivo de contaxiar o entusiasmo e os valores do ciclismo entre os afeccionados, Movistar celebrará o próximo domingo día 13, por primeira vez en Santiago, unha das súas xa emblemáticas marchas ciclistas urbanas, capitaneada por Iván Gutiérrez e Igor Antón, membros do Movistar Team.
O director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, e o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, serán os encargados do tradicional corte de fita que indica o inicio da carreira e, a continuación, uniranse ao pelotón de afeccionados para emprender a marcha polas rúas da cidade.
Santiago converterase así no escenario da segunda das catro carreiras que compoñen a cuarta edición da iniciativa, coa que Telefónica apoia o ciclismo afeccionado, e para a que contou nesta ocasión coa colaboración de voluntarios do Club Ciclista Teo e do Motoclub Compostela.
A marcha, de carácter gratuíto e á que poden sumarse afeccionados de todas as idades, partirá ás 11:00 h. do Campus Sur- Avd. da Coruña- e transcorrerá dentro da zona urbana de Santiago, que permanecerá pechado ao tráfico. O itinerario consistirá en 10 quilómetros de baixa dificultade pensados para ser percorridos en menos dunha hora e para vivir unha experiencia única, pedaleando en familia ou entre amigos.
Nos últimos catro anos, máis de 13.000 corredores participaron nas distintas marchas que se organizaron por toda a xeografía española.
Como inscribirse
As persoas interesadas en formar parte do pelotón poden inscribirse na web www.peloton.movistar.es, onde encontrarán ademais toda a información relativa ás carreiras – como participar, onde recoller o número, horarios, recorrido, premios ou consellos útiles para afrontar a marcha sen dificultade-.
Ademais, Movistar regalará a todos os participantes unha camiseta e unha gorra para que gocen da marcha perfectamente equipados.
A organización habilitará unha área de actividades, a “Zona Movistar”, na que os asistentes terán á súa disposición unha “gymkana” infantil, zona de masaxes, un taller de bicicletas e a posibilidade de facerse divertidas fotos virtuais. Haberá momentos tamén para as sorpresas, xa que se sortearán varias equipaciones oficiais e unha bicicleta do equipo ciclista Movistar Team.
Percorrido da marcha ciclista:
Circuito de 10 km:
Saída avenida de A Coruña
Avenida de las Ciencias
Avenida de Novoa Santos
Avenida de Vigo
Rúa de José María Suárez Núñez
Rúa de Vicente Fraiz Andón
Rúa de Lope Gómez de Marzoa
Avenida do Mestre Mateo
Avenida Barcelona
Rúa Antonio Rama Seoane
Rúa de Santa Marta de Arriba
Avenida Rosalía de Castro
Avenida de Xoan Carlos I
Rúa da Senra
Rúa da Ensinanza
Rúa da Virxe da Cerca
Rúa San Pedro
Rúa Concheiros
Rúa do Rosario
Rúa de Bonaval
Xiro dereita Museo do Pobo Galego
Xiro esquerda CGAC
Praza de San Xoan Bautista de La Salle
Rúa de San Roque
Avda de Coimbra
Avenida de Xoan XXIII
Avenida Burgo das Nacións
Avenida Castelao
Rúa de Vista Alegre
Rúa das Salvadas
Rúa do Morón
Rúa de Galeras
Rúa da Poza de Bar
Rúa de San Lorenzo
Avenida de Novoa Santos
Avenida das Ciencias
Avenida de A Coruña











