Oroso completa cun tobogán os xogos acuáticos na piscina municipal de Sigüeiro

Inauguración do tobogán
O Concello de Oroso completou hoxe a súa oferta de xogos acuáticos na piscina municipal de Sigüeiro coa instalación dun gran tobogán acuático, duns dous metros de altura, e que dende xa está a disposición de todos os rapaces e rapazas do municipio. Unha instalación que completa os miniparque acuático instalado este verán e as melloras realizadas nas instalacións, uns traballos nos que o Concello de Oroso investiu 39.000 euros.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e Avelino Liñares, xerente de Norjapi, foron os encargados de descubrir a placa conmemorativa diante de medio cento de nenos e nenas que participan no Campus de Fútbol do Real Club Celta de Vigo, que tiveron ocasión de estrear o novo tobogán. Unha instalación cuxa colocación atrasouse case un mes debido ao extravío do contedor que o traía dende Canadá.
Así, o miniparque acuático da piscina municipal de Sigüeiro conta con dúas setas de auga, dúas columnas de chorros sobre un chan antideslizante, así como dous tobogáns: un pequeno para os meniños nunha piscina de chapoteo e o gran tobogán inaugurado esta mañá











