Oroso celebra a segunda edición do festival folclórico “Paseo de Carboeiro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O parque do Carboeiro de Sigüeiro acollerá mañá sábado, a partir das 18:00 horas, a segunda edición do festival folclórico “Paseo do Carboeiro”. , un festival que inicialmente se ía celebrar o 5 de xullo pero que o Concello de Oroso se viu na obriga de aprazar debido ás adversas previsións meteorolóxicas que imposibilitaban a súa celebración. A xornada comezará ás 18:00 horas coas actuacións dos grupos orosáns Lembranzas do Tambre (Sigüeiro-Oroso) e Néboas no Cumio (Oroso); e como grupos convidados actuarán “Vive lo nuestro” (Badajoz) e “Sementes do Arte”, unha última incorporación despois de confirmarse a baixa do grupo de baile Agrocobo (Muros).

Ao rematar as actuacións individuais destes catro grupos terá lugar unha gran foliada. Ademais da música, no paseo do Carboeiro haberá tamén servizo de bar, con churrasco e empanadas.

Esta segunda edición do festival folclórico “Paseo do Carboeiro” está organizada polo Concello de Oroso en colaboración con Lembranzas do Tambre, Néboas no Cumio e Buxos Verdes, agrupación que non poderá participar nesta edición por un compromiso previo para esta data. O Concello de Oroso lamenta a ausencia de Buxos Verdes, ao tempo que destaca o seu traballo e colaboración na organización deste evento, canda os responsables de Lembranzas do Tambre e Néboas no Cumio.

11 de xullo de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.