publicidade hoxe

Oleiros pon un local de ensaio na Fábrica a disposición dos grupos locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O pasado mes de maio, o Concello de Oleiros a través do Centro de Información da Concellería de Xuventude puxo en marcha un local de ensaio nas instalacións do centro cultural A Fábrica. Este espazo, equipado co material musical, esta aberto de luns a venres de 16:00 a 22:00 e o sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Trátase dun lugar para mozos e mozas que formen parte dun grupo musical ou sexan solistas.

Poden presentar solicitudes aqueles rapaces e rapazas solistas ou en representación dun grupo musical, con membros empadroados no Concello de Oleiros. As solicitudes poderán descargarse a través da web municipal ou recollelas no Centro de Información Xuvenil, na Fábrica.

29 de xullo de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.