publicidade hoxe

Oleiros colabora no programa de vacacións da ONG Ledicia Cativa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Oleiros colabora coa ONG Ledicia Cativa no seu programa de vacacións. O Goberno local puxo a disposición da asociación a casa de Bastiagueiro para que a asociación puidese levar a cabo a súa xornada de convivencia entre nenos e nenas procedentes da rexión rusa de Briansk, onde a actividade radiactiva residual procedente do accidente sucedido en 1986 na central nuclear Vladímir Ilich Lenin, nas inmediacións da metrópole de Chernóbil. A esta xornada acudiu tamén Marga Figueroa, concelleira de Cooperación e Participación Cidadá, para coñecer de primeira man a actividade da ONG nesta xornada e as súas necesidades.

A Asociación Ledicia Cativa é unha ONG, constituída sen ánimo de lucro, cuxa principal actividade consiste na acolleita temporal de menores da rexión rusa de Briansk, a máis afectada pola radiación de Chernóbil, en familias da Comunidade Autónoma de Galicia. Os nenos proceden de casas de acolleita e de familias tuteladas pola Federación Rusa.

15 de xullo de 2014 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.