publicidade hoxe

Oito veciños de Frades obtiveron o carné de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Oito veciños e veciñas participaron nun curso de manipulador de alimentos, organizado polo Concello de Frades e que tivo lugar onte mércores no multiusos fradense. Deste xeito, xa son 74 os veciños e veciñas de Frades que obtiveron ou renovaron este carné nos últimos cinco anos.

Esta credencial é imprescindible á hora de optar a un emprego en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministro ou servizo. Así, o carné de manipulador é preciso para traballar en bares, restaurantes, supermercados, garderías, transporte e distribución de alimentos, fábricas de envasado e manipulación, hostalería, comercio, sector cárnico e pescados, comedores escolares, residencias xeriátricas, axuda a domicilio, etc.

Ao longo deste obradoiro, os alumnos adquiriron coñecementos relacionados coa nutrición e coa hixiene, así como coa manipulación dos alimentos. Ademais, analizaron os métodos para a conservación dos alimentos e os riscos que supón a súa alteración.

31 de xullo de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.