O xogador Marci regresa ao Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Marci

Marci

O Santiago Futsal pechou a súa segunda fichaxe para a tempada 14.15 coa incorporación de Marci, xogador de Cabo de Cruz (Boiro) de 28 anos que se formou nas categorías inferiores do club. Tras destacar no equipo filial desde a súa chegada no ano 2003 e ir convocado en multitude de ocasións co primeiro equipo durante o catro tempadas que estivo no club, Marci decidiu buscar sorte en Noia onde foi un dos seus xogadores máis destacados de 2ªB nas últimas tempadas.

Cinco anos despois o Santiago Futsal e Marci chegaron a un acordo paraque o xogador vista a camiseta do equipo branco durante esta tempada, pero esta vez como xogador do primeiro equipo.

Santi Valladares define ao Marci como “unha á destra que coñece perfectamente o noso estilo de xogo. Ten moi bo manexo do balón e o seu principal característica é o desborde no un para un. Durante estas tempadas no Noia madurou moito e creceu a nivel defensivo. Aínda que teña 28 anos afronta o reto de xogar en primeira división coa mesma ilusión que cando chegou ao club fai dez, e iso é algo determinante.”

O xogador será presentado nas próximas datas.

8 de xullo de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.