O xeocentrismo e heliocentrismo centrarán as charlas sobre Astronomía no Gorgullón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Local Social do Gorgullón acollemañá a segunda charla sobre astronomía organizadas pola Concellaría deFestas en colaboración coa Asociación Sirio, e enmarcadas dentro daprogramación previa á celebración da Feira Franca.

“O xeocentrismo e o heliocentrismo: da Grecia Clásica á Galileo”impartirase de balde e con aforo ilimitado entre as 19.30 e as 21.00 horas.As actividades que quedan pendentes son as seguintes:

• Charlas (aforo ilimitado)

– Unha maqueta do universo: relacións de tamaños no universo.Xoves 7 de agosto, de 19: 30 a 21h. Centro Cultural OGorgullón.

– Que ven o corpo celeste! Os medos ao Universo descoñecido.Xoves 21 de agosto, de 19: 30 a 21h. Centro Cultural OGorgullón.

• Obradoiros (15 persoas en cada obradoiro).

– Reloxos de sol. Sábado 2 de agosto, de 11:30 a 13:30h.Centro Cultural O Gorgullón.

– Instrumentos medievais de Astronomía e Navegación. Sábado23 de agosto, de 11:30 a 13:30h. Centro Cultural OGorgullón.

• Plantada de telescopios (aforo ilimitado)

– Venres 22 de agosto ou venres 29 de agosto na Praza dePedreira (segundo a metereoloxía), ás 23:00h.

• Observacións guiadas no observatorio de Cotobade (tres grupos de15 persoas cada un, en total 45 persoas). Sábado 23 ou sábado 30de agosto ás 23:00h (segundo a metereoloxía).

30 de xullo de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.