publicidade hoxe

O vaso da piscina climatizada da Ramallosa estará pechado entre o 21 de xullo e o 3 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A piscina climatizada da Ramallosa pechará o vaso entre o 21 de xullo e o 3 de agosto para facer traballos de mantemento preventivo. Este peche rutinario só afectará ao vaso xa que o resto das instalacións seguirán funcionando con normalidade no horario habitual. Os abonados poderán seguir usando o ximnasio, as pistas deportivas, salas de actividade, sauna e vestiarios.

Nos días que vai durar esta parada técnica faranse entre outras cousas o baleirado da piscina, limpeza e desinfección xeral da instalación ademais doutros traballos de mantemento preventivo.

As persoas con carné de abonado en Teo poderán facer uso das instalacións da piscina climatizada de Brión para baño libre entre o 21 de xullo e o 3 de agosto. Trátase dun intercambio propiciado polo feito de que Aquafit gestión é a empresa concesionaria das destas dúas instalacións municipais.

O período estival é o momento de menos uso da piscina climatizada polas boas condicións meteorolóxicas. Por este motivo prográmase o peche para esta tempada, momento no que tamén están abertas as piscinas descubertas dos Tilos e Luou. As piscinas municipais descubertas abren ata mediados do mes de setembro. A instalación dos Tilos abre en horario de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas todos os días de semana. A piscina de Luou funciona neste mesmo horario os sábados, domingos e festivos mentras que de luns a venres só abrirá pola tarde, de 16:00 a 21:00 horas.

A piscina climatizada da Ramallosa comezou a funcionar en abril de 2013 en nun ano roza os 3.000 usuarios reais e máis de 1.200 abonado pagadores. As piscinas de Teo teñen unha páxina de facebook na que informan da oferta de cursos e horarios de actividades PiscinasTeo. O teléfono de contacto é o 981 803 922 e o correo electrónico teo@aquafitgestion.com

16 de xullo de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.