O TSXG respalda ao Concello de Lugo na sanción á empresa construtora da sede da Policía Local e Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

O Concello de Lugo vén de recibir a notificación dunha nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que lle dá a razón á Administración municipal, neste caso nun pleito referido á construcción da nova sede da Policía Local e Protección Civil.

A sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respalda a sanción imposta polo Concello de Lugo á empresa que construiu este edificio dotacional polos retrasos na execución da obra.

A sentenza do TSXG considera axustado a dereito o acordo que tomou a Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo o día 26 de xullo de 2012, no que se decidiu impoñerlle penalidades á empresa Construcciones en Piedra Sigras S.L. polo incumprimento dos prazos de construcción do edificio.

O Concello estableceu, nese acordo, unha penalización de 636,69 euros diarios para o período comprendido entre o día 31 de decembro de 2011 e o 27 de marzo de 2012, o que supuxo un retraso de 87 días e unha penalización por importe total de 55.392,03 euros.

A sentenza dalle a razón ó Concello, ó considerar que esta sanción estivo motivada e foi proporcionada. Nos fundamentos xurídicos, o Tribunal Superior sinala que “ni siquiera se produjo desviación procedimental-formal o resolutoria por dicha Administración municipal, al haberse iniciado aquella vía punitivo-contractual ´ex oficio`…cuando se apreció dicho retardo constructivo” e engade “sin que se aprecie defecto de motivación, arbitrariedad o falta de proporcionalidad, al estar incluso avalado por precedentes Informes técnicos ni siquiera de contrario cuestionados ni contradichos”.

O pronunciamento do Alto Tribunal galego é consecuencia dun recurso de apelación presentado polo Concello de Lugo contra un fallo en primeira instancia que lle fora favorable á empresa e que o TSXG revoga nesta sentenza ó estimar o recurso interposto pola Administración municipal.

3 de xullo de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.