O ‘Tren Transiberiano’ recala na Ludoteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Na xornada de mañá 30 de xullo,o servizo da Ludoteca de Verán – Campamento Urbano do Concello de Verín e Cruz Vermella Monterrei promoven a actividade do ‘Tren Transiberiano’, destinada aos/ás menores participantes neste servizo, en concreto, aos que teñen idades comprendidas entre os 5 e 11 anos.

A mesma, que terá lugar na Praia Fluvial de Verín, estará guiada por voluntariado de Cruz Vermella e ten por obxecto, ademais da diversión e cohesión de equipo, a aproximación a outras culturas. A temática desta edición céntrase no ‘Tren Transiberiano’, un tren que realiza un dos proxectos máis largos do mundo, e no que os/as nenos/as formarán parte dunha viaxe imaxinaria por Rusia, Mongolia e China, a través da realización de diversas probas lúdicas e deportivas, cada unha delas relacionada co país ao que pertence.

Esta iniciativa é unha das realizadas no servizo da Ludoteca de Verán, destinado conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos/as menores, con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. Obradoiros educativos e lúdicos de igualdade e coeducación, xogos cooperativos e de convivencia en tolerancia e interculturais, animación á lectura e contacontos, piscina, piragüismo, rutas de sendeirismo, novas tecnoloxías ou cine infantil serán algunhas das actividades nas que poderán participar os cativos/as. Ademais, durante os meses de xullo e agosto programaranse iniciativas adicadas a diferentes temáticas como reciclaxe, ambiente, deporte, alimentación, saúde ou persoas maiores; celebrarase a actividade “Xogo de San Fermín”, “Ponlle as pilas ao teu Bocata”, “Día de Galicia”, visita ao Parque de Bombeiros e as instalacións da Policía Local, Educamóbil ou a Ludobatucada.

29 de xullo de 2014 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.