O Torreiro de Festa das Angustias acolle un festival metal
O Torreiro de Festa das Angustias acolle este fin de semana o Rise of Darkness Metal Fest, un festival organizado polo Concello de Nigrán que comezará ás 21.30 horas coas actuacións de grupos locais, entre os que figuran Blast Off, Dysnomia, Neverside, Agónica e Lethal Vice.











