O Teatro Colón da Coruña premia a compra anticipada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Teatro Colón xunto a Superbock Negra Sin lanza unha promoción para os meses de verán de cara a anticipar a venda das entradas. A oferta inclúe un total de seis funcións para as que, pola compra de dúas entradas anticipadas antes dunha data límite, entregarase de balde un pack de Superbock Negra Sin.

A promoción comeza esta mesma semana na que pola compra de dúas entradas para a proxección de Encallados ou do concerto de La Comparsita e Aixa Romay antes do día da función, antes do xoves 10 no caso de Encallados e do sábado 12 para o concerto de La Comparsita, entregarase un pack de Superbock Negra Sin. A entrega do pack farase no propio teatro o mesmo día da función despois de comprobar que as entradas foron adquiridas antes do día estipulado.

A promoción continúa coas seguintes funcións: venres 18 de xullo ás 20.30 horas coa obra de teatro Lo que vio el mayordomo, venres 8 de agosto ás 20.30 horas coa comedia Resofocos, venres 15 de agosto ás 18.00 horas co show de Bertín Osborne e Paco Arévalo El renovado show de dos caras duras en crisis e a función do martes 26 de agosto ás 20.30 horas da obra de teatro Enfrentados protagonizada por Arturo Fernández. Para todas estas funcións a promoción só é válida para entradas compradas cunha semana de antelación, quedan excluídas aquelas entradas que non se adquirisen cunha antelación mínima de sete días antes da data da función.

A programación de verán do Teatro Colón está patrocinada por Superbock Negra Sin. As entradas pódense  adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Novacaixagalicia, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.

7 de xullo de 2014 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.