O Santiago Futsal presenta os horarios das categorías base para a vindeira tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal fai públicos os novos horarios de adestramento para os grupos de iniciación e formación, que comezarán o 15 de Setembro.

Outro ano máis, a colaboración do IES Fontiñas co club santiagués fai posible que os adestramentos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete se realicen no pavillón do IES Fontiñas. Pola súa banda, o grupo de psicomotricidade realizaraos na pista anexa a devanditas instalacións.

Os grupos de iniciación e formación distribúense segundo a data de nacemento, onde os máis pequenos serán os nados nos anos 2009, 2010 e 2011, e formarán parte do grupo de psicomotricidade, e os maiores son os cadetes nados no 2000.

As horas de adestramentos configúranse da seguinte maneira:

O grupo de psicomotricidade (2009, 2010, 2011) adestrará martes e xoves en horario de 18.00 a 19.00h.

O grupo de prebenxamíns estará formado por nenos nados nos anos 2007 e 2008, e adestrarán os luns e mércores de 18.00 a 19.00h. O grupo de prebenxamíns A e B adestrarán en conxuntamente no mesmo horario.

O grupo benxamín A e B, de nenos nados en 2005 e 2006, adestrará conxuntamente os días luns e mércores de 19.00 a 20.00 h.

O grupo de alevíns A e B, aqueles nados entre o 2003 e 2004, adestrarán conxuntamente os martes de 20.00 a 21.00 h. e xoves de 18.00 a 19.00h.

O equipo infantil B, formado por nenos nados unicamente no 2002, adestrará os mércores de 20.00 a 21.00 h. e os xoves de 19.00 a 20.00 h.

O equipo cadete B, formado por nenos nados no ano 2000, adestrará martes e mércores de 21.00 a 22.00h.

En canto aos pagos de participación, este ano dividiranse en 9 cotas de 42,50€ para as categorías que militan en autonómica, 32,50€ para os equipos de división local e 27,50€ para o grupo de psicomotricidade. As cotas serán mensuais, fóra da primeira; que se corresponderá coa segunda quincena de setembro e a primeira quincena de xuño e equivalerá a unha mensualidade completa.

O pago das cotas incorpora dous carnés de socio por participante inscrito, así como a cota de participación. Aínda que, manterase o material deportivo da tempada pasada, fóra da roupa de xogo e a de adestramento que será igual que a do primeiro equipo e que haberá que comprar posteriormente realizada a inscrición.

21 de xullo de 2014 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.