O Santiago Futsal continúa como marca de éxito
O Santiago Futsal aposta pola continuidade do corpo técnico, tras os éxitos conseguidos as dúas últimas tempadas e que foron claves para o equipo santiagués.
O técnico galego Santi Valladares seguirá á fronte do equipo na máxima categoría por terceiro ano consecutivo, despois de 10 anos vinculado ao Santiago Futsal. Mon Barreiro e Marcos Mecías continuarán como 2º adestrador e preparador físico, respectivamente, ambos con ampla experiencia no club, tras 4 anos formando parte do corpo técnico. Tamén Alberto Añón seguirá como auxiliar técnico unha tempada máis.
Pola súa banda, Jorga Basanta, que a pasada tempada ocupou o posto de axudante técnico, esta será responsable scouting.
En canto á área de saúde; o Doutor Marque, profesional con máis de 30 anos de experiencia no mundo do deporte, seguirá ocupando o posto de médico do equipo, e a Clínica Amerguín farase cargo da fisioterapia do equipo.
A incorporación de David Rial é a novidade máis destacable dentro do corpo técnico, que ascende do equipo xuvenil do Santiago Futsal para formar parte do primeiro persoal como adestrador axudante.











