O sabor do baloncesto santiagués na casa co Viño Oficial Obradoiro
Os afeccionados do Rio Natura Monbus Obradoiro que aínda non o fixesen poden adquirir o Viño Oficial do seu equipo, xa que continúa á venda nas oficinas do club. A edición especial e limitada, provén das adegas Via Romana da Ribeira Sacra e está dispoñible en versión tinta (variedade Mencía) e branca (variedade Godello).
A colaboración, que comezou cunha cifra de 3.000 unidades dispoñibles, xa vendeu unha gran catidad de produto, polo que será a última oportunidade para levar a casa o auténtico sabor do baloncesto santiagués.
A botella do novo Viño Oficial Obradoiro ten un prezo de 8 euros para o público en xeral e 7 euros para os abonados e/ou accionistas. A caixa de seis botellas, pola súa banda, ten un custo de 45 euros para o público xeral mentres que para os abonados e/ou accionistas do club o prezo é de 39 euros.
O horario de apertura das oficinas para poder realizar a compra é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes.











