O Rio Natura Monbus incorpora a Pepe Pozas para as dúas próximas tempadas
O Rio Natura Monbus chegou a un acordo para a incorporación do xogador Pepe Pozas para as dúas próximas tempadas. Esta base de 1,83 metros e 22 anos procede do CB Valladolid, co que promedió 5.7 puntos e 3.6 asistencias nos 15 partidos da pasada edición da liga Endesa que disputou, tras comezar a campaña no Clínicas Recuncho de LEB Ouro (8.0 puntos e 2.2 asistencias en 19 partidos).
Pozas, que se formou na canteira do Unicaja, ten no seu palmarés unha medalla de ouro no Europeo U20 de Bilbao’11.
“Pepe é un xogador ao que levabamos seguindo bastante tempo. Por encima das súas condicións técnicas e físicas, que aínda ten que seguir mellorando co seu traballo, gústanos a personalidade e madurez que demostra con 22 anos, moi importantes para o posto que ocupará no equipo. En Valladolid demostrou estar capacitado para competir na liga Endesa e estamos contentos por sumar ao proxecto a outro xogador que chega con moita ilusión”, afirma o director xeral do club, José Luís Mateo.











