publicidade hoxe

O rexedor de Pedrafita do Cebreiro asiste a un acto do Partido Socialista de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPedrafita do Cebreiro
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Pedrafita, o agora independente José Luís Raposo, asistiu este xoves a un acto que fora convocado polo PSdeG en defensa dos partidos xudiciais e recoñeceu que analiza “o momento idóneo” para reintegrarse nas filas socialistas.

José Luís Raposo deuse de baixa de militancia no PSOE fai un par de meses para facer fronte á imputación na suposta trama sobre a retirada de multas de tráfico na provincia de Lugo, na que finalmente foron absoltos todos os procesados pola Audiencia Provincial debido a un erro procesual.

Ademais, durante o xuízo, na vista, a Raposo xa se lle levantou a imputación que pesaba sobre el, a pesar do que seguiu de baixa no PSOE no que militara 33 anos. Ademais, tamén abandonou a Deputación Provincial na que era deputado, pero continuou como alcalde independente.

O acto do PSdeG ao cal acudiu este xoves en Lugo consistiu no rexistro da petición de entrevista co ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, para abordar a supresión dos partidos xudiciais.

ADN DE ESQUERDAS

En declaracións aos medios, o alcalde de Pedrafita precisou que aínda non regresara ás filas socialistas, e que esa é unha decisión que parte da súa vontade. De todos os xeitos, sinalou a que ten o “ADN de esquerdas”, aínda que dixo que buscará “o momento idóneo” para reintegrarse na disciplina do PSOE.

“Eu creo que o PSOE vai por un camiño especial e por un bo camiño e xa dixen que cando o vise no bo camiño que eu ía para adiante e eu creo que vai nun bo camiño o PSOE”, argumentou.

Pola súa banda, o secretario provincial do PSdeG, Juan Carlos González Santín, sinalou que para eles “o alcalde de Pedrafita nunca deixou de ser socialista e ademais é un socialista que demostrou que ten principios e que fai as cousas como as ten que facer”.

Entre bromas, González Santín sinalou que Raposo “nunca deixou o carné (do PSOE)”. “Eu creo que o tiña gardado e seguirao tendo”, afirmou.

17 de xullo de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.