O rexedor de Cambre clausura os cursos de formación municipal AFD

Entrega de diplomas
O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, e a edil de Economía, Marta Vázquez, clausuraron os cursos de formación coa entrega de case un centenar diplomas no Centro municipal de Formación situado no Polígono de Espírito Santo. Ao acto non puideron acudir todos os alumnos, preto de 175, xa que moitos deles atoparon traballo e outros están a realizar nestes momentos as correspondentes prácticas. Impartíronse máis de 7 cursos no do XIV Plan de Formación para o Emprego posto en macha polo concello de Cambre en colaboración coa Deputación. Nesta ocasión os cursos impartidos foron, SOLDADURA, MONITOR DE TEMPO LIBRE, INICIACIÓN Á INFORMÁTICA BÁSICA, BRANDING PERSOAL E PROCURA DE EMPREGO, MANIPULADOR DE ALIMENTOS, PREPARACIÓN A EXAMES DA E.S.O e PREPARACIÓN A EXAMES DE COMPETENCIAS CRAVE.“O emprego, é e será ao longo destes anos a prioridade, a absoluta prioridade deste goberno local e é por iso que a formación é o mellor camiño para alcanzar un posto de traballo de calidade”, indicou Rivas. Rivas animou aos alumnos que se atopan en paro a continuar coa formación neste tipo de campos xa que é o mellor camiño para lograr un posto de traballo. Así mesmo, destacou o esforzo do executivo local e das adminitracións provinciais e autonómicas para loitar contra o desemprego. “Somos o concello da comarca que máis cursos de formación vai impartir e que máis obradoiros de emprego conseguiu”, explicou.











