O Rei propón esperanza fronte a situación díficil da crise

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+

O Rei Felipe VI pediu este venres ao Apóstolo Santiago que “faga resoar” nos corazóns dos españois “a esperanza” fronte ás “situacións difíciles” motivadas pola crise. Na súa ofrenda ante o Patrón de España, o monarca tivo tamén palabras de recordo para as vítimas de Angrois e para os falecidos no accidente aéreo de Swiftair.

   Felipe VI, na súa primeira ofrenda como Rei de España, lamentou na súa intervención que a crise “golpeara severamente a moitísimos españois”, que viven “situacións difíciles” a causa do paro e “a falta de oportunidades”. Fronte a iso, apostou por considerar as “dificultades” como unha “oportunidade” e evidenciou a “plena confianza” dos monarcas “no pobo español”.

   Así mesmo, tamén falou do Camiño de Santiago como “símbolo de fraternidade” e sinalou que España é “unha grande comunidade social, cultural e política”. “Na nosa España constitucional, unida e diversa, caben todas as sensibilidades, caben todas as formas de sentirse español”, sentenciou.

25 de xullo de 2014 | 14:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.