O público de Poio sucumbiu ante a actuación da Orquestra Crea de Ámsterdam

Un instante do concerto
Un numeroso público puido desfrutar do repertorio da Orquestra Crea de Ámsterdam, dúas horas de concerto que incluíron a actuación de Guillermo Collazo, pontevedrés, como tuba solista, e un bis onde os integrantes da orquesta puxeron ao público en pé coa súa interpretación vocal de Negra Sombra de Rosalía de Castro e interpretando pezas clásicas de Chabrier, Albéniz, Vaughan Williams e Brahm.
A Orquestra Crea de Ámsterdam, unha orquestra clásica universitaria, chegou ao Concello de Poio dentro do seu Tour Si! para aloxarse no Mosteiro de Poio. Neste tour, ofrecerán concertos en diversos lugares (Sanxenxo, Pontevedra, Santiago de Compostela), mais o primeiro deles ofrecérono no concello que os acollerá durante esta semana. Foi unha oportunidade única para a veciñanza de desfrutar do virtuosismo de 75 músicos no salón da Comunidade de Montes de Combarro.











