O PSdeG publicará as súas contas na súa web

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou que o PSdeG prevé publicar, a partir do último trimestre do ano, as súas contas públicas na súa páxina web para ser “absolutamente transparentes”.

   “As contas públicas do Partido Socialista de Galicia (PSdeG) figurarán na nosa web, unha decisión que compartiremos coa nova dirección federal”, explicou este sábado durante a súa intervención no Comité Nacional que a formación que lidera celebrou en Santiago de Compostela.

   Sobre esta cuestión, José Ramón Gómez Besteiro tamén precisou que o partido se atopa por encima das previsións” que tiña para este ano para a amortización da súa débeda.

   “As previsións eran incorporarnos a un prazo de amortización anual do 17 por conto, e hoxe estamos máis preto do 17 por cento coa información económica do primeiro trimestre”, detallou.

5 de xullo de 2014 | 15:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.