O programa +Boavila mellorará a calidade urbana e estética de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra inicia nomes de setembro o programa “+ Boavila” que se centrará na mellora dacalidade urbana, a estética e a convivencia cidadá a través de actuacións noespazo público e privado. Estará xestionada polos concelleiros de CarmenFouces, Anxos Riveiro e Luís Bará dado que os seus departamentos atopanseimbricados neste proxecto que se achegará ao centro urbano e a todos osbarrios urbanos de Pontevedra para mellorar zonas verdes, predios eedificios, mobiliario urbano, medianeiras públicas…

Este “goberno dos pequenos detalles” como explicou Carmen Fouces,tamén pretende promover a querenza polo barrio, polos espazos públicos, oorgullo de cidade e a autoestima. Este proxecto fixará prioridades e uncalendiario para acometer plans de choque nos distintos barrios urbanos.

“+ Boavila” pretende fomentar a participación cidadá, coacorresponsabilidade e a interlocución con entidades representativas e aveciñanza coa convocatoria de xuntanzas por barrios e distintas zonas dacidade.

Segundo o tipo de actuacións están previstas as seguintes:

1. Mellora de vías urbanas

a. Conservación e mantemento de rúas, beirarrúas, prazas…

b. Continuación dos traballos de reparación de vías e espazosurbanos

c. Atención a zonas específicas, alcorques

d. Pintado e sinalización de viais

2. Parques e zonas verdes

a. Parques e xardíns

b. Zonas de xogo e de lecer

c. Pequenos restos de zonas verdes

d. Maceteiros e flores

3. Predios e edificios abandonados

a. Terreos de titularidade pública: Costas, Fomento, Xunta,Deputación, Concello

b. Terreos de titularidade privada: muros de peche, medianeiras,zonas de uso común de edificios

c. Pontevedra ilustrada: muros e medianeiras

4. Mobiliario urbano: cuestións estéticas, de funcionalidade, deaccesibilidade…

a. Bancos, papeleiras, sinais, farolas…

b. Bolardos

c. Aparcabicis

d. Marquesinas

e. Cadros de control semáforico

f. Cabinas de teléfonos

g. Sinalización vertical

h. Valados publicitarios

i. Paneis informativos obras

30 de xullo de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.