O presidente da Federación Galega de Bádminton promove este deporte en Oroso

Promoción do bádminton en Oroso
O presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo Pose, visitou Oroso para promover a práctica deste deporte. Unha visita na que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde, e polo coordinador da Escola de Bádminton de Oroso, Alberto Fraile. Sanjurjo Pose aproveitou para impartir unha clase de bádminton no pavillón municipal de Sigüeiro aos 21 nenos e nenas que participan esta semana nos campamentos multideporte.











