publicidade hoxe

O premio Trapeiro de Honra dos Vilares recae en Xosé María Díaz Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

Os Vilares, lareira de soños, xa ten decidido a quen se dedica no seu primeiro ano o premio-distinción de TRAPEIRO DE HONRA.

Como non podía ser doutro xeito, correspóndelle esta primeira edición ao veciño máis ilustre da parroquia,  D. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO,  no centenario do seu nacemento, no ano no que se adicaron as letras galegas e no ano no que Os Vilares pasou a ser coñecida en todo o país e polo mundo.

Desde o proxecto Os Vilares, lareira de soños instituimos este recoñecemento anual a persoas e/ou entidades que teñan axudado á nosa parroquia en calquer plano da vida e é de xustiza comenzar por Díaz Castro nesta distinción simbólica de trapeiro, un oficio vinculado directamente á parroquia.

O Premio,  tamén simbólicamente tentaremos que sexa recollido en data e lugar aínda sin decidir, pola Asociación  Cultural XERMOLOS, depositarios do legado de Pepe do Vilariño tamén como unha mostra de agradecemento polo traballo desenvolvido por esta exemplar entidade cultural.

O distintivo anual é un lenzo nominal co ano correspondente, o nome do premiado/a e as cores do logo dosVilares, lareira de soños.

Esta iniciativa, súmase á pulicación na que traballa Pastora Veres, o documentario que dirixe Cibrán Tenreiro e as activas propostas en internet do proxecto.

Libro, documentario e premio estarán presentados após do verán.

9 de xullo de 2014 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.