O porteiro Marcos Vara regresa ao Santiago Futsal

Marcos Vara
O Santiago Futsal e Marcos Vara chegaron a un acordo para que o xogador de Benavente sexa o porteiro do club santiagués a próxima tempada. Tras o seu paso triunfal polo Baku United de Londres, onde gañou Liga, Copa e disputou a Copa de Europa como campión Inglés, Marcos Vara decidiu apostar polo equipo galego para demostrar a súa valía baixo os paus.
Marcos Vara, de 26 anos, chegou a Santiago na tempada 2005 a Santiago e desde o seu debut no equipo filial a súa progresión foi meteórica. Internacional sub21 coa selección Española, proclamouse campión de Europa no Torneo de San Petesburgo celebrado no ano 2007. Xa como porteiro do primeiro equipo participou no último gran título logrado polo Santiago Futsal, a Supercopa de España de Guadalaxara en 2010, onde defendeu a portaría nas semifinais. Tras o seu paso polo Marfil Santa Coloma na tempada 11/12 e 12/13 emprendeu a aventura londiniense fichando polo Baku United, gran dominador do fútbol sala inglés.
Santi Valladares define ao xogador como “un porteiro que sabe ler moi ben os partidos e é un gran comunicador na pista. Coñece á perfección o noso xogo e é ante todo un xogador de equipo. A ilusión por volver á que foi a súa casa desde o primeiro momento e o grao de implicación que nos demostrou fai que sexa un xogador moi importante para min.”











