O polideportivo de Esteiro o XXIX Festival Internacional de Xadrez Cidade de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou hoxe o “XXIX Festival Internacional de Xadrez Cidade de Ferrol” que se celebrará do 14 ao 22 de xullo no polideportivo municipal de Esteiro. A edil ferrolá estivo acompañada polo presidente do Círculo Ferrolán de Xadrez, Juan Rodríguez Rey, entidade organizadora do evento deportivo xunto co Concello de Ferrol.

Susana Martínez explicou que esta nova edición do torneo será válido para a obtención de ránking internacional e nacional. Así, como en anteriores edicións, a proba será disputada polo sistema suizo a nove roldas e forma parte do Circuíto Galego de Xadrez Internacional, un dos máis importantes de España. “Este deporte ten unha longa tradición na nosa cidade e conta con grandes xogadores” sinalou a responsable das políticas deportivas do Concello de Ferrol. Dentro deste festival, se disputará o IX Torneo Internacional de Xadrez “Mestre Rodrigo” e o XII Mestre Alonso Leira.

Pola súa banda, o presidente do Círculo Ferrolán de Xadrez, agradeceu a estreita colaboración do Concello de Ferrol “que ano tras ano respalda a nosa actividade”. A contía de premios é dun total de 6.050 euros, repartidos nas diferentes categorías. Os interesados en participar na competición poderán atopa máis información a través das páxinas web: www.cfxadrez.org e www.escoladexadrez.com. Ademais, Rodríguez Rey apuntou que os días 26 e 27 de xullo se celebrará o “I Torneo 25 de xullo” que se dividirá en dúas competicións, unha para menores de 16 anos e outra para ELO menor de 1800.

10 de xullo de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.