O polbo do Carballiño protagonizará o fin de semana en Barcelona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño, xunto coa edil de Turismo, viaxaron este venres a Barcelona para iniciar os actos de presentación da LII edición da Festa do Pulpo, que este ano está dedicado precisamente aos galegos residentes en Cataluña.

Previa ao acto de presentación, que terá lugar o sábado en Cornellá, o concello do Carballliño, representado polo seu alcalde e a edil de Turismo, foron convidados á cea que cada ano ofrecen aos empresarios galegos en Barcelona, onde se ofrecerá o polbo á feira do Carballiño, durante o aperitivo, cocido e picado por unha pulpeira de Arcos, como mandan os canons. Esta invitación xa se realizou o pasado ano, e foi tal o éxito do polbo do Carballiño, que todos os comensais querían que este ano non faltase.

O acto central da presentación da LII edición da Festa do Pulpo terá lugar o sábado, 5 de xullo, ás 12:00 horas no centro cultural Rosalía de Castro de Cornellá. A este acto asistirán o alcalde de Cornellá, varios concelleiros do mesmo consistorio, así como os responsables das entidades galegas en Cataluña, e a vicepresidenta da Generalitat.

O mesmo sábado, pero pola tarde, os responsables da asociación de galegos en Hospitalet convidaron a Argimiro Marnotes e a Pilar Caride á festa que organizan anualmente, que reunirá a miles de persoas, e na que estarán presentes tamén representantes dos organismos autonómicos e provinciais. O polbo á feira non faltará nin na presentación da mañá en Cornellá nin na festa de Hospitalet.

 

4 de xullo de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.