O Plan RUA finaliza a cuarta fase na Cidade Vella actuando en 19.000 metros cadrados
O Concello da Coruña, a través da área de Medio Ambiente que dirixe Enrique Salvador, informa de que o Plan RUA finaliza, esta semana, a súa cuarta fase na Cidade Vella. Durante o próximos tres días, levará a cabo este plan de actuación integral en 19.200 metros cadrados, un total de 32 rúas e prazas do barrio
A finalidade do Plan RUA é a de conseguir unha cidade máis sustentable, limpa e ordenada, mediante o reforzo das actuacións que, a diario, realízanse na nosa cidade, polos distintos servizos municipais, en cada un dos barrios e dunha forma coordinada. Para iso, ademais dun plan de limpeza intensivo, leva a cabo unha serie de actuacións nos elementos urbanos e de infraestruturas cunhas necesidades inmediatas, mediante un labor de planificación e coordinación de distintos servizos.
O Plan RUA prevé a resolución das seguintes incidencias:
– Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.
– Reparación de 30 deficiencias na iluminación pública, realizando, ademais, a limpeza de luminarias e pintado de columnas.
– Limpeza e mantemento de mobiliario urbano, de 60 colectores e 15 papeleiras.
– Limpeza duns 1.200 metros lineais da rede de rede de sumidoiros da zona.
– Limpeza e mantemento de 60 pozos da rede de rede de sumidoiros e de 70 sumidoiros, ao longo de 8 rúas e prazas.
– Colocación de 60 cebos (desratización) en 50 arquetas.
– Presenza de Punto Limpo Móbil.
– Mantemento de xardíns e zonas verdes, así como a limpeza de fontes ornamentais.
– Mantemento de 2 marquesiñas e 7 indicadores de dirección.
– Eliminación de grafitis no mobiliario urbano.
Ademais, durante os días de actuación do Plan RUA na zona, tamén se realiza a inspección de vehículos abandonados.











