O Pazo Quinteiro da Cruz de Ribadumia recibe o premio “Jardines de España”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraRibadumia
A-
A+
O presidente da Deputación e a alcaldesa dde Ribadumia na visita ao pazo

O presidente da Deputación e a alcaldesa dde Ribadumia na visita ao pazo

A Alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña e o Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, visitaron esta mañá o Pazo Quinteiro da Cruz en Lois (Ribadumia). Nel descubriron a placa que acredita o premio “JARDINES DE ESPAÑA” recibido de mans da Sociedade de amigos do Real Xardín Botánico.

Son 31 os xardíns premiados dende a súa primeira edición en 1981, e tan só 3 os paraxes galegos que recibiron esta mención: Pazo de Oca en A Estrada (1982), Pazo de Santa Cruz de Rivadulla (1983) e este ano Pazo Quinteiro da Cruz en Ribadumia.

Integrado na Ruta da Camelia e na Ruta do Viño Rías Baixas o Pazo Quinteiro da Cruz iniciou o seu proxecto de sustentabilidade con Victoriano Piñeiro e Maruxa Lago, que apostaron por incrementar a diversidade botánica do xardín, con case 1.200 especies diferentes de flores, árbores e arbustos e polo cultivo do Albariño. Na actualidade os seus fillos Pedro e Beatriz continúan con diversificando a actividade do Pazo, que conta con adega propia adaptada para a realización de todo tipo de eventos, Plantación de Té, Elaboración de cosméticos naturais a partir da camelia e da uva.

Durante a visita medios e asistentes puideron descubrir a riqueza patrimonial, natural e paisaxística do lugar ao mesmo tempo que degustaron o té de camellia sinensis que xa comercializa o Pazo. Ao seu interese etnográfico hai que sumar a súa beleza paisaxística e a súa riqueza medioambiental. Ademais de percorrer a ruta e descubrir as instalacións rehabilitadas, os visitantes tamén poden degustar os produtos elaborados no pazo.

As visitas guiadas pódense realizar durante todo o ano previa cita no número de teléfono 619 110 806 ou no correo electrónico info@pazoquinteirodacruz.es.. Ademais deste percorrido no que se explican as características botánicas de cada especie e a súa historia existe a opción as 19:00h dunha “Tarde do té en Quinteiro da Cruz”.

Tanto a Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, como o presidente da Deputación Provincial, Rafael Abal, felicitaron a Familia Piñeiro – Lago pola mención recibida e agradeceron o compromiso e esforzo por manter este inmoble e un espazo natural de gran beleza que se suman os atractivos turísticos do Concello de Ribadumia como a Ruta da Pedra e da Auga ou o Xacemento Monte do Castro. Neste ultimo o Presidente da Deputación Provincial anticipou unha a continuación da fase de consolidación e restauración do xacemento, para o que se iniciaran proximamente os procesos de selección de persoal.

O turismo de natureza estase a converter nunha das marcas de identidade máis fortes dentro dos atractivos de Ribadumia.

A visita a espazos verdes sitúase entre as actividades preferidas dos turistas estranxeiros. Coa avantaxe de que este turismo de parques e xardíns non ten un carácter estacional implicando unha actividade durante todo o ano.

15 de xullo de 2014 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.