O Pavillón Municipal de Gondomar acollerá o VI Open de Tenis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesGondomar
A-
A+

Despois da grande acollida de edicións anteriores, o Club de Tenis Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Deportes, organiza o VI Open de Tenis- Concello de Gondomar, que terá lugar do 14 ao 19 de xullo no Pavillón Municipal.

A competición abrangue as categorías absolutas, masculina e feminina. As fases previas (masculina e feminina) disputaranse os días 14, 15 e 16; e as finais terán lugar do 17 ao 19. Os horarios dos partidos serán de 10:00 a 22:00 horas.

Os/as interesados/as en participar deberán realizar a inscrición en www.ibertenis.es, ata o 10 de xullo ás 22.00 horas. Máis información no 680 124 239, ctgondomar@hotmail.es ou en clubtenisgondomar.weebly.com.

7 de xullo de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.