O novo proxecto de contidos curriculares educativos dixitais comezará en 30 centros educativos coruñeses
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a resolución definitiva da convocatoria para a posta en marcha do novo proxecto de plataforma de contidos curriculares educativos dixitais en 30 centros educativos da provincia da Coruña, un total de 84 en toda Galicia. En total recibíronse 90 solicitudes de toda Galicia, nunha convocatoria que foi un éxito entre os centros públicos, que representan o 90% dos proxectos presentados.
Cómpre sinalar, ademais, que o número de centros e estudantes participantes neste primeiro ano de implantación do proxecto supera amplamente a previsión inicial. Non en balde, estímase que a iniciativa chegará xa este próximo ano académico a 3.500 alumnas e alumnos de 5º de Primaria, fronte aos 2.500 previstos nun primeiro momento. O obxectivo é que este proxecto chegue a 22.500 alumnas e alumnos no período 2014-2017. Nesta plataforma as familias participantes no proxecto poderán ter os contidos curriculares dos seus fillos totalmente gratis.
Os centros admitidos da provincia da Coruña son os CEIP Plurilingüe San Marcos (Abegondo), A Maía (Ames), Sanjurjo de Carricarte (A Coruña), Raquel Camacho (A Coruña), Isaac Peral (Ferrol), Couceiro Freijomil (Pontedeume), de Prácticas López Ferreiro(Santiago de Compostela), Mestre Rodríguez Xixirei (Santiago de Compostela), da Ramallosa (Teo), Mosteiro de Caaveiro (A Capela), A Cristina (Carballo), de Zalaeta (A Coruña), Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol), Galán (Arteixo), Labarta Pose(Zas), Os Muíños (Muxía), Plurilingüe de Andrade (Pontedeume), e Plurilingüe O Mosteirón(Sada). Dos CPI, foron admitidos o Plurilingüe Antonio Orza Couto (Boqueixón), o Plurilingüe O Cruce (Cerceda), A Picota (Mazaricos), Virxe da Cela (Monfero), o Plurilingüe dos Dices (Rois), e o de Atios (Valdoviño). Así mesmo, figuran na relación os CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra, ambos da Pobra do Caramiñal; e os CPR Plurilingüe Compañía de María (A Coruña), Plurilingüe la Grande Obra de Atocha (A Coruña), San José (Pontedeume) e Divino Maestro (Santiago de Compostela).
A esta primeira convocatoria puideron presentarse os centros educativos adscritos á rede Abalar que impartan no curso 2014/2015 ensinanzas de 5º de Educación Primaria; e que cumpran requerimentos como contar cunha conexión de datos cunha velocidade nominal mínima de baixada – que variará segundo o número de aulas vinculadas ao proxecto, dos 2 Mbps aos 10 Mbps-, presentar un proxecto para a implantación do libro dixital ou propoñer unha persoa coordinadora do proxecto.
O proxecto
O proxecto arrancará o vindeiro curso 2014/2015 incorporando alumnos de 5º de primaria. No curso 2015/16 a previsión é que a plataforma estea dispoñible en 5ª e 6ª de primaria e 1º de ESO e que no terceiro ano do proxecto, no curso 2016/2017 sexa empregado estudantes de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO.
Na plataforma de aprendizaxe virtual, os alumnos poderán acceder tanto de xeito online como off line a contidos curriculares completos e gratuítos para as familias facilitados pola Xunta como a aqueles elaborados polos propios docentes dos centros educativos. Ademais, esta nova ferramenta facilitará o acceso aos contidos de pago de empresas editoras gazas á conexión co Punto Neutro do Ministerio de Educación.











